Saltar al contenido

Voltar a agricultura tradicional, ¿unha idea novedosa?

Mili na súa horta ecolóxica en Muxa (Lugo)

Para a maioría da poboación, acostumados á rutina mecánica da compra en grandes cadeas de supermercados, poder adquirir produtos de orixe completamente ecolóxico pode parecer complicado. Por unha parte, porque se descoñece se estes están ou non elaborados con transxénicos, e por outra, porque tamén se descoñecen as alternativas existentes. A agricultura ecolóxica é unha delas. Non se trata, desde logo, dunha alternativa novidosa. Acudir ás hortas ecolóxicas é acudir ó mundo do agro tradicional, ós sabores puros e sen adulterar e o contacto humano que as baldas dos Gadis e Carrefours relegaron a un segundo plano. A pregunta de orixe é moi clara: ¿sabemos o que comemos? A agricultura ecolóxica pode respostar a isto, pero ¿poden as grandes multinacionais? E, máis importante, ¿queren facelo?

Pero, ¿qué é un alimento ecolóxico? En breves palabras, os alimentos ecolóxicos cultívanse de xeito que se favorece a mellora do sistema agrario, os ciclos biolóxicos, as características da terra, etc… o que esixe a utilización de productos naturais, como os fertilizantes, e uns métodos de cultivo agronómicos, que respecte a calidade, entorno e procedencia destes alimentos ecolóxicos. É dicir, o seu cultivo pasa por evitar calquera tipo de alteración xenética ou química, o que é condición sine qua non no cultivo dos alimentos transxénicos.

Emilia Naveiras, “Mili”, coñece de primeira man a barreira que separa os cultivos tradicional daqueles sometidos a todo tipo de produtos químicos. E mesmo, nas súas propias palabras, “tóxicos”. Foi no ano 1980 cando o seu camiño a levou a horta de plástico de España, Almería. Mili non descoñece os segredos do agro, como tampouco dos elementos que poden alteralo. Puido ver cos propios ollos a inxente cantidade de produtos químicos que aderezaban os invernadoiros e que provocan nos obreiros enfermidades respiratorias, epidérmicas… Vindo o que estes produtos, segundo as súas palabras, “altamente tóxicos” facían nos que traballaban con eles, Mili decidiu que non quería experimentar co seu propio corpo. Así comezou a súa andadura no mundo da agricultura ecolóxica que rematou cunha casa e unha horta libre de fumes, insecticidas e, por suposto, transxénicos.


Xudías, espinacas, apio, coles e leitugas, cebolas, fresas, tomates e pementos, acelgas, chícharos e melóns… A horta de Mili en Muxa, unha parroquia preto de Lugo, non é moi grande, pero dende logo é variada. 240 metros cadrados a rebosar de toda clase de verduras, plantas medicinais e xigantescos repolos. Todo o que rodea e contén a súa propiedade, a “Pena do Conchado”, adecúase a perfección cos principios inherentes da horticultura ecolóxica. Todo é natural ou reciclado. O abono non provén de almacéns, senón do paciente traballo que conleva a elaboración caseira do compós, materia orgánica en descomposición elaborada a partir de esterco, malas herbas, desfeitos domésticos orgánicos, etc. É innegable que a agricultura tradicional ten aspectos desfavorables que a ciencia pode axudar a paliar, pero hai quen non está disposto a agardar polas consencuencias sen coñecer os efectos.

As partes positivas dun modo de vida ecolóxico son obvias: unha alimentación máis sana e unha relación respetuosa co medio ambiente son dúas das máis salientables. Pero, obviamente, tamén hai algúns inconvintes. A temperatura do invernadoiro só a regula a natureza e a constante e delicada vixianza. Os froitas de temporada só están dispoñibles na conseguinte temporada. As pragas e os insectos tamén son difíciles de controlar. Non os combate con insecticias, senón con recursos biolóxicos: a ortiga contra os parásitos, a “cola de cabalo” para os fungos ou a albahaca e o perixel para evitar a presenza de insectos. Pero “algúns, coma a mosca blanca”, puntualiza Mili, mostrando algunha folla roída, “aínda resisten”.

Pese a todo, Mili mostra macetas de aloe vera e melisa e afirma con convición que estes cultivos “non contaminan, non enbelan nin estragan a terra”. Razóns que parecen máis que suficientes para probar calquera dos moitos vexetais que crecen neste tipo de invernadoiros.

Pero, ¿como chegan estes productos ata un consumidor que non está tan preto do rural? A pesar de que Galicia é unha comunidade na que o agro ten moita importancia, non tódalas persoas poden ter un fácil acceso ás hortas ecolóxicas. Xa hai anos que xurdiron en toda España asociacións adicadas a este fin. As chamadas cooperativas de consumo ecolóxico compóñense de persoas dun mesmo barrio ou cidade que forman un grupo pouco numeroso e que reciben os alimentos directamente dos productores. Os membros destes grupos repartense as tarefas de xestionar os pedidos, manter o local en torno ao que se organizan, levar a contabilidade, as tarefas de comunicación, etc. É deste último ámbito do que se encarga Noa Estévez, membro da cooperativa santiaguesa Eirado.

O procedemento que seguen é reunirse cada 15 días para que cada persoa pida os produtos que necesite, pedido que se recollen o propio local da cooperativa unhas semanas despois. Unha organización sinxela que dende logo resulta efectiva. Os produtos dos que dispoñen, procedentes de hortas como a de Mili (que subministra os seus produtos as cooperativas luguesas “A Cova da Terra” e o “O Bandullo Ecolóxico”) , son moi variados: desde queixo, ovo, iogures e leite, ata toda unha variedade de verduras, hortalizas e froitas de tempada. E, ocasionalmente, ata aceite ou carne. Non se cerran a ningún ámbito. Dende hortalizas a cueiros para os bebés ou copas menstruais para as mulleres.

Eirado é unha asociación de formación recente que reflexa o constante, ainda que lento, crecemento deste tipo de iniciativas. Os obxectivos son claros: poder comprar produtos frescos, sans e de tempada. Pero un xeito de vida saudable non se limita só a alimentación. Colaborar cun desenvolvemento sostible do rural e, en palabras de Noa, “manter unha relación xusta cos produtores, que estes non reciban menos do que merecen polo seu traballo” son puntos que tamén forman parte dos principios destas cooperativas. A ausencia de intermediarios é un aspecto a destacar. Os membros da cooperativa tratan directamente co dono da horta, pactan con él ou eles os prezos e, por suposto, están invitados a visitalos no seu anaco de agro. Isto non só reduce gastos e persoal, senón que favorece algo importante dentro destas cooperativas, “o trato familiar, a confianza”. Ninguén máis que o propio agricultor pode asegurar que as suás sementes estean libres de transxénicos. “A base é a confianza”. Outro recurso para respectar o medioambiente é buscar os produtores máis próximos, o que reduce gastos en transporte, emisións prexudiciais e un aproveitamento dos recursos propiamente galegos. “Hoxe en día”, di Noa, “se te paras a ler as etiquetas, ves que as lentellas por exemplo, veñen de países coma México. ¿É que as lentellas son un produto exótico?” A tendencia a buscar lonxe o que podemos ter preto non é só contraditoria, senón tamén pouco lóxica. “Ir o supermercado e non á tendiña do lado pode parecer máis cómodo, pero ben mirado…” ¿Compensa en saúde? A resposta parece fácil. Pero, ¿compensa economicamente?

Existe a crenza estendida, e en parte xustificada, de que os produtos de orixe ecolóxica son moito máis caros que os que atopamos en calquera supermercado. Polo que podemos comprobar, “moito” non é o adxectivo máis axeitado. Os consumidores destes produtos son tan variados como os propios produtos, e o certo é que adoitan ser persoas concienciadas e que non sempre pertencen a clase media alta. Os prezos soben, si, pero, como nos di Noa, os produtos da horta e os seus homónimos de supermercado “non son comparables”. O sabor é diferente, a compra é diferente: máis familiar, máis cercana. Pero consumir produtos ecolóxicos conleva prescindir voluntariamente doutros produtos, por razóns ideolóxicas e prácticas. “Por un lado gastamos máis, pero por outro reducimos gastos”, afirma Noa, asegurando despois que, dende que ela comezou a consumir da agricultura ecolóxica, “a fin de mes, as contas son as mesmas que antes”.

Pero, ¿qué é entón o que fai que este comercio basicamente local se nos antolle pouco accesible? Na sociedade de sobreabundacia de información, podemos saber de todo se queremos. Temas como os dos transxénicos ou da agricultura ecolóxica, tocados puntualmente nos medios, teñen moita presenza se buscamos sobre eles. “A información está aí”, di Noa, “pero é dificil vela se non no-la poñen diante”. As cooperativas de consumo responsable nútrense do boca a boca, do contacto persoa a persoa, recupera o ambiente familiar perdido entre baldas interminables e caixas rexistradoras. Ninguén espertará un día transformado nun modélico e estrito consumidor ecolóxico que rexeita de frente calquera produto dos Gadis e Carrefours. “É imposible ser coherente hoxe”, admite Noa dende a propia experiencia, “o importante e ir pouquiño a pouco. Facelo porque queres e porque che apetece”. Facer algo, o fin e o cabo, por nós e a nosa saúde, pola natureza, polo noso agro e os nosos veciños do rural.

Sin comentarios aún

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.