Saltar al contenido

Transxénicos, ¿vida ou morte?

A discusión está incandescente. Por unha banda, están os defensores dos transxénicos que afirman que estes alimentos non conlevan nengún efecto perxudicial, nen para a saúde, nen para o medioambiente. Na outra banda, se sitúan os detractores dos transxénicos que denuncian a falta de información sobre os efectos nocivos dos productos modificados xeneticamente. O resultado é a confusión da cidadanía, que dubida dos argumentos de uns e de outros. O debate está servido.

España é o país da Unión Europea líder en cultivos transxénicos e un dos maiores exportadores dos mesmos. Os cultivos destes poductos superan unha extensión de 77.000 hectáreas. Por outra parte, semella que España se atopa cada vez máis soa na súa defensa dos transxénicos ante a prohibición deste tipo de cultivos en oito dos grandes países da Unión Europea. Estes son: Francia, Austria, Luxemburgo, Italia, Polonia, Grecia, Hungría e Alemania, dende fai soamente un mes.

Por outra banda, Galicia sempre foi un lugar no que a marca de “calidade” identificou aos seus produtos. O gran conflito xurdiu cando no pasado ano 2008 as empresas norteamericanas Mosanto e Pioneer Hi-Bred (filial de DuPont) confirmaron a realización en Galicia de ensaios con cultivos de maíces transxénicos dentro dos seus programas de rexistro de novas variedades, polo de agora non comerciais, para coñecer o seu comportamento neste entorno.

A resposta non se fixo esperar e en marzo do mesmo ano, creouse a Plataforma Galega Antitransxénicos que agrupa a máis de vinte colectivos ecoloxistas, principalmente de Galicia. No seu manifesto de constitución declaran: Esiximos o dereito a Soberanía Alimentaria, entendendo como tal o dereito a elixir sobre que tipo de alimentación queremos consumir, quen a vai producir, como e donde vaise cultivar e na elección das políticas agrarias que nos afectan como Pobo.”

O informe “Biotecnoloxía moderna dos alimentos, saúde e desenvolvemento humano: estudo baseado en evidencias” elaborado en 2005 pola Organización Mundial da Saúde (OMS) fai unha rigurosa evaluación sobre a aplicación da biotecnoloxía moderna na produción de alimentos.

Por unha banda, afirma que as características dos organismos xeneticamente modificados (OXM) poden traer beneficios significativos para a produción de alimentos.

En canto a á agricultura, sinala:

-A resitencia a certas plagas e enfermidades

-A eliminación de alérxinos e antinutrintes

-A alteración do perfil de ácidos grasos e almidón

- Maior contido de antioxidantes

-A resistencia a condicións ambientais agresivas

En canto a peixes e gando, sinala:

-A aceleración do crecemento

-A resistencia a certas enfermidades

-O aumento da tasa de natalidade de determinadas especies

Porén, o informe da OMS tamén denuncia os riscos para a saúde humana e para o medioambiente dos transxénicos, aínda que moitas das súas consecuencias son aínda impredicibles.

Sobre os efectos nocivos para a saúde das persoas, destacan:

-Niveis elevados de compoñentes antinutricionais ou tóxicos nos alimentos

-Posibles inestabilidades xenéticas e fenotípicas nos organismos modificados xeneticamente

-Obstrución do tracto gastrointestinal xa que o ADN dos OXM non se degrada por completo durante la dixestión

-Alerxias o hipersensibilidades

-Incorporación de aditivos alimentarios

-Transferencia de resistencias a antibióticos de organismos transxénicos a bacterias patóxenas para o ser humano

- A perturbación do equilibrio ecolóxico

- O traspaso a futuras xeracións de características inducidas artificialmente con imperfecións inevitables.

En canto aos efectos perxudiciais para o mediambiente, o informe da OMS sinala:

-Maior resistencia a pesticidas, o que conleva ao incremento e abuso destes produtos

-Contaminación ambiental

-Eliminación da biodiversidade autóctona, menos resitente

-A contaminación doutros cultivos por polinización

-Mutación da maleza en especies menos sensibles

-Contaminación do chan

O propio Robert Shapiro, presidente de Monsanto, nunha teleconferencia organizada por Greenpeace en Londres manifestou a súa incertidume sobre os posibles efectos adversos dos transxénicos: “Sigo crendo no futuro da biotecnoloxía, pero considero xustificado preguntar: ¿É segura esta comida para o consumo humano? ¿Os cultivos transxénicos son seguros para o ambiente? ¿Como van a afectar á biodiversidade? ¿Como van a afectar a outras plantas, insectos e paxaros?”. Este discurso foi calificado polo prestixioso diario The Financial Times, como o máis sincero mea culpa xamais pronunciado por algún executivo da industria biotecnolóxica.

Cómpre sinalar, que ademais dos efectos para a saúde e para o medioambiente, a introdución dos transxénicos acarreará tamén consecuencias sociais. No mundo, os alimentos son parte da identidade cultural e a vida social, e teñen importancia relixiosa para as persoas. Por ende, cualquera modificación tecnolóxica, incluíndo cambios na base xenética dos cultivos ou animais usados para a alimentación, pode atopar resistencia social. A oposición aos cultivos e alimentos XM teñen que ver tanto con valores sociais e políticos como cas preocupacións sobre saúde e inocuidade. En certas rexións, a hostilidade hacia os OXM é un símbolo dunha oposición más amplia ao sistema neoliberal

Un informe elaborado en 2009 por GreenPeace denominado “Impactos sociais e económicos dos transxénicos” denuncia que os OMX reforzan o control da alimentación mundial por parte dunhas poucas empresas multinacionais. Ademais denuncia que os transxénicos, de igual modo que a revolución verde dos anos sesenta, respondía a unha promesa de erradicar a fame no mundo en base da agricultura industrial. Porén, na práctica resultou ser unha campaña de gobernos e empresas para convencer aos agricultores de países en vías de desenvolvemento para que sustituíra cultivos autóctonos por variedades de alto rendemento dependentes de productos químicos e fertilizantes. Na India provocou a pérdida de case 50.000 arroces distintos, en Indonesia extinguíronse 1.500 variedades locales de arroz nos últimos 15 anos.

Outro informe elaborado por Úrsula Oswald Spring de la Universidade de México en 2001 denominado Transxénicos: efectos na Saúde, o Ambiente e a Sociedade. Unha Reflexión Bioética denuncia, de igual maneira, que a introdución desta tecnoloxía significaría pronto a pérdida da seguridade alimentaria para o miniproductor e a falta de soberanía alimentaria nun país do Terceiro Mundo ao facer depender ao campesiño da compra de material xenético importado.

Gran parte da publicidade da empresa Mosanto se centra en afirmar que a biotecnoloxía erradicará a fame do planeta. Porén, o informe de Greepeace, citado con anterioridade, asegura que aumento da produción non serviría para abastecer aos máis necesitados se non para aumentar a concentración da riqueza, xa que o problema non reside na escaseza de alimentos, se non no mal reparto da riqueza a escala mundial. De feito, según o Programa de Alimentos da Organización das Nacións Unidas, hoxe en día se produce máis do 50% de alimentos necesarios. A causa fundamental da fame no mundo é a dependencia alimentaria e como se explicou con anterioridade os transxénicos contribuén a reforzala, xa que as patentes das semillas e as tecnoloxías se concentran nas mans dunas poucas multinacionais.

Outro dos argumentos máis recurridos polos detractores dos transxénicos é que o seu modelo de agricultura non é sostible. A experiencia de Arxentina é un exemplo claro do impacto dos cultivos transxénicos na agricultura. A entrada masiva da soxa transxénica en 1996, cultivo do que este país é un dos primeiros productores e exportadores mundiais, exacerbou a crise da agricultura arxentina co record mundial de deforestación, o éxodo rural dos traballadores agrícolas, un aumento do uso de herbicidas e unha grave sustitución de producción de alimentos para consumo local. O informe sobre transxénicos de Greenpeace conclúe afirmando que unha agricultura sostible só se conseguirá mediante outras vías máis acordes coa natureza coma os cultivos ecolóxicos, pero o problema reside en que este tipo de medidas non se aplican pois non resultan tan lucrativos coma o negocio dos transxénicos. Maldito diñeiro.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.