Saltar al contenido

Sen pausa, pero sen presa

Horta ecolóxica en Muxa (Lugo)

Horta ecolóxica en Muxa (Lugo).Reestablecer o equilibrio

Estrés, horarios, rutinas e traballos. Atascos, fumes e cafés apresurados. Na vida que hoxe levamos a meirande parte dos mortais neste lado do globo poucas veces temos tempo para reflexionar. Para facer unha pausa en pensar no que comemos. Pensar en como vai este mundo. En como, sen percatarnos o estamos cambiando radicalmente, e querendo ou sen querer atopámonos sumidos nunha tendencia autodestructiva que non é máis que unha canella sen saída.

Ao día comemos unhas 2000 kilocalorías. Leite, ovos, peixe. Verduras e iogures. Na fast-live que hoxe levamos, incluso aínda que non o desexemos, non temos tempo nin gañas de pensar de onde veñen ou en como os cultivan. Se reflexionaramos tan so uns minutos aparecería ese termo, temido e descoñecido por partes iguais: os transxénicos.

Un transxénico (Organismo Modificado Xenéticamente, OMG) é un organismo vivo que foi creado artificialmente manipulando os seus xenes. A principal diferencia coas tradicionais técnicas de mellora xenética é que permiten franquear as barreiras naturais entre especies, alterar a natureza, e crear novos seres que nunca existiran. Hoxe en día, o 90% da soia e do millo que consumimos provén de cultivos transxénicos. Outro tanto por cento similar pasa cos alimentos de todos aqueles animais que atopamos cada día no noso prato. Igualmente, con case todos os productos preparados que tan usuais son nas neveiras de todas as casas.

Mercar este tipos de produtos non só afecta a nosa saúde nin ao noso entorno. Mercar estes alimentos supón contribuír tamén a empobrecemento de moitos países e de moitos agricultores. Supón facer a uns máis pobres para que outros sexan máis ricos. Falar de xustiza social é doado. Ser xustos non tanto.

Toni Lodeiro, autor do libro “Consumir menos, vivir mejor”, non o pensa dúas veces cando lle preguntamos unha razón para non consumir transxénicos. “Por indignidade, porque o principal obxectivo da introducción dos transxénicos e que moi poucos gañen moitos cartos a pesares de grandes prexuízos para a maioría. É ruín”. Escapar a esta realidade non é doado, pero tampoco unha tarefa de titanes.

“Impóñenos unha alimentación moi de produto elaborado, que ven de lonxe, do cal perdemos o control. Todo hoxe esta envasado”, afirma Lodeiro. Ante a cultura do Tetabrik e das grandes superficies fai falla reivindicar os tomates da horta e os ultramariños de todala vida. As veces as solucións non son tan complicadas.

Adquirir novos hábitos á ora de facer á compra non supón alterar as nosas rutinas, senón ir variando pequenos comportamentos. No por obriga, nin por limpar conciencia. Senón porque queres, porque te gosta e porque te da a gana. Manter unha vida máis saudable, respetuosa e solidaria ten que ser unha experiencia positiva, non un camiño difícil. Xa o di o seu libro, consume menos e te sentirás mellor. Vivimos na época no que todo se macdonaliza. Fast é o sufixo por excelecnica. Fastfood ou Fastlife. Todos temos pouco tempo, porque o tempo e ouro. E todos queremos ser ricos. Ser ricos para consumir máis. E consumir máis para vivir mellor. Nesta cadea de pensamentos común a todos os mortais é onde esta o erro. A sociedade debería facer unha pausa. Sentarse e pensar. Pensar para que mercas o que mercas ou porque comes o comes. Probablemente non terías respostas. Porque mentras consumes, te consumes.


Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.