Saltar al contenido

outras actividades

Máis que documentais

Pero o festival vai máis aló das pantallas xa que se ofrecen unha serie de eventos paralelos protagonizados polos personaxes dos documentais presentados. A arte e a musica tamén teñen cabida nesta semana do documental.
Os directos máis importante será o de Mad Professor. O “rei do Dub” protagoniza o documental
Dub Echoes e estará o Sábado na Sala Metropol de Tui. Nesta mesma sala o venres daranse cita catro músicos orquestra baixo o nome de “One man in the band”, un concerto que aínda que so sexa polo insólito non deixará a ninguén indiferente.

Tamén durante todo o festival, o artista iraniano Jamshid Aminfar, protagonista do documental “Cyanosis”, exporá parte da súa obra que tamén se poderá mercar no mesmo recinto do festival.

Xa como colofón final o Play Doc un ano máis volve a lucirse nas súas propostas. A sorpresa deste ano está nun particular obradoiro no que os habitantes de Tui serán os protagonistas. O obxectivo segundo nos explica Ángel García “ é retratar a algúns habitantes da localidade mediante unha peza documental de curta duración que se proxectará durante o festival. Os cineastas serán acollidos polas persoas a retratar e convivirán, xunto a eles nos seus fogares”. O seminario está coordinado por polo multipremiado director lituano Audrius Stonys e Marta Andreu, produtora catalana. Esteban González, un dos participantes neste obradoiro experimental di que agarda “con emoción o momento que entre o director na miña casa. Cantas sorpresas se vai levar”. E seguro que nos tamén.

Un Comentario dejar un →

Trackbacks

  1. Play-Doc « Donabulia’s Blog

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.