Saltar al contenido

Monsanto

Artigo de opinión

Manuel Rodríguez Santabaya


Monsanto

 Controla o 90% das patentes de sementes transxénicas do planeta, o que xunto ao feito de vender Roundup, o herbicida máis vendido do mundo, lle permite luxos como aumenta-la súa cotización en bolsa dun 15,86% a un 84,88% nun só día ou pagar millóns de dolares en multas por sobornos, publicidade engañosa, ou por expór a veteranos de Vietnam ( e aos civís vietnamitas ni un céntimo). Está presente en máis de 46 países, é unha das mayores corporacións do mundo, un xigante da biotecnoloxía que ata conta con axentes secretos alá onde os seus avogados ou os seus dólares non chegan. Tácticas como esta poderían relacionalos facilmente coa SGAE, coa que tamén comparten unha obsesión coa propiedade . Mentres uns cobran a todo aquel que escoite música dos seus cantantes, outros perseguen aos que cultivan as suas sementes. Todo sexa por gañar uns eurillos…

Obviamente, seguimos teniendo retos. Incluyen cómo asegurar nuestra propiedad intelectual en partes del mundo en donde la protección legal todavía no está madura, (extraído da páxina web de Monsanto)

 E como non, para cerra-lol círculo da vida, se esta se crea e se controla, tamén se debería coida-la súa saúde e protexela de enfermidades. E quen mellor que os pais para coidar dos seus fillos. É por iso que Monsanto tamén controla o mercado dos herbicidas. O millo trasxénico de Monsato (a gran maioría) é resitente só a un herbicida, tamén da marca Monsanto (xeralmente o modelo Roundup). Venden sementes resistentes a un herbicida concreto de forma que o agricultor que se faga coas suas sementes teña que comprar tamén o su herbicida: os OMG son só o instrumento para manter e aumenta-las vendas de produtos químicos.

 Mezclar Roundup Transorb sólo con productos recomendados por Monsanto, ya que podría reducirse la eficacia del herbicida. Formulación exclusiva y patentada. (estraído de novo da páxina web de Monsanto)

Pero as oríxes de Monsanto remóntanse moito máis atrás dos OMG’s, concretamente ao ano 1901, cando foi fundada por John Francis Queeny, o inventor da sacarina , o primeiro gran éxito da compañía. Se algo caracteriza a Monsanto, dende logo, foi a  súa versatilidade á hora de crear produtos. Pasou pola industria téxtil, a do papel, a de plásticos e resina, a química industrial, co  ácido sulfúrico e o axente laranxa… ata que a mediados da década dos 70 empezouse a interesarse polo mercado dos herbicidas. A partir de aí a súa atención centrouse na natureza, en como alterala, ben sexa unha vaca ou unha semente de millo.

 Cal Deus cristán, fixo un ser vivo, expandiuno pola terra… e veu que era bo. E fixo a súa Biblia, o compromiso Monsanto, e creou a súa relixión, a relixión de que acabaría coa fame no mundo grazas á capacidade de multiplica-la producción de alimentos (obviando que no planeta o que hai é sobreabundancia de alimentos, só que está mal repartida), de facelos inmunes a pragas e enfermidades (pero non ás súas hormonas do crecemento, ás que incluso acaban enganchadas cal yonkis), a de facilita- la vida do agricultor e o gandeiro (aínda que provoque miles de suicidios na india ou faga enferma-las reses).

 Aplicamos innovación y tecnología para ayudar a agricultores de todo el mundo a tener éxito y a producir alimentos más saludables, al mismo tiempo que reducimos el impacto de la agricultura sobre el medio-ambiente. (volvemos coller as palabras da súa web)

  Pero sobre Monsanto pesa una lenda negra. Foi o protagonista dunha das maiores traxedias da industria química estadounidense, con máis de 500 mortos, cando en 1947 un cargueiro francés que transportaba fertilizantes de nitrato de amonio explotou no porto de Galveston, Texas. Ademais foi o coproductor masivo, xunto a Dow Chemical, do tristemente famoso axente laranxa, cuxo uso sitemático como exfoliante durante a guerra de Vietnam provocou terribles consecuencias sobre o pobo vietnamita e sobre os soldados americanos. Só este último grupo recibiu algunha compensación polos danos causados.

 A todo isto hai que sumarlle numerosos escándalos derivados dos transxénicos como o do Posilac, recollidos amplamente en documentais como The Corporation ou El mundo según Monsanto.

 Es crítico para nosotros hacer estas cosas bien durante los próximos cinco años y en adelante. Pretendemos hacerlas con integridad, aplicando nuestros valores y escuchando de manera cercana a nuestro consejo asesor y a nuestros muchos accionistas de todo el mundo. (na súa páina web falan do consello asesor, acccionistas,… pero, e os consumidores?)

 Monsanto foise gañando co paso da historia fama de malo -¿son o único ao que Monsanto lle parece o nome dun malo de James Bond?- e tamén a oposición de diversos colectivos, pero seguen presentes en boa parte do mundo enzarzados en convencer á opinión pública das vantaxes dos seus produtos e o seguros que son. Estamos actualmente nunha auténtica batalla polo control das sementes,e polo tanto, da comida. Os protagonistas son os transxénicos, e a súa aprobación e regulación nos diferentes países do globo baséase nunha loita de informes tanto por parte de defensores como por parte de detractores sobre como afectan os seus produtos transxénicosao resto de seres vivos (humanos incluídos).  

A favor dos transxénicos atópase a poderosa industria biotecnolóxica. Esta actúa da man de asociacións como ASEBIO (Asociacion Española de Bio Empresas), o maior lobby ProAlimentos-transxénicos, para o que traballan empresas como Antama,Monsanto,etc… as cuales intentan modificar ao seu favor as diferentes lexislaciones nacionais así como á opinión pública.

 Ningún fondo de Monsanto servirá para hacer pagos que busquen influir en la conducta de las personas receptoras(de novo palabras da súa web).

 Todo isto valéndose de sobornos para ocultar informes negativos, campañas xudiciais, publicidade enganosa,… tamén destaca a súa infiltración entre as cúpulas de poder. é o que se coñece coma o xogo das cadeiras musicais. No caso español sospeitase que a ex ministra de Agriultura Cristina Narbona puido pertencer antes de xura-lo seu cargo ao propio ASEBIO. Ao ser preguntado por este aspecto, o representante de Monsanto España, non negou o feito, senón que se limitou a esquivar preguntas comprometidas e responder ao que non se lle preguntaba. A verdade é que toda a entrevista transcorre así. Personalmente animo aos de Monsanto a despedir a este home e a varia-la súa política de comunicación, pois con tanto esquivar certos detalles para non pillarse os dedos pérdese credibilidade. Aínda que supoño que a credibilidade, cando tes unhas ganancias trimestrais de 4.000 millóns de dólares, factores como a credibilidade, a naturaleza ou a saúde semellan menos importantes.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.