Críticas.
Dona Abulia:
Fai cinco anos ninguén tomábase en serio isto do Play-Doc. Nunha vila coma a de Tui un festival internacional de documentais. Imposible. Pero é que nin Tui, nin os Documentais,un xénero pouco coñecido, nin a falta de experiencia de Ángel e Sara supuxeron un impedimento para que o festival medrara. Dende a primeira edición o evento foi un éxito rotundo. Cinco anos máis tarde o Play-doc é un dos festivais de documentais máis importantes na escea independente española.
É quizáis a súa independecia. O seu rigor. A súa calidade. E a ausencia total de intereses comerciais o que fai deste festival algo único. Dende Lech Kowalski, a Enrique Nicanor. Ron English. Catherine Buresi ou Arturo Cisneros. Nomes como estos, acostumados a aparecer nos folletos informativos de documentais de medio mundo, repiten no Play-doc. Invitan ao Play-Doc. Námóranse do Play-Doc.
A mostra daquela frase “Querer é poder” atópase aquí. En Tui. Dende mañán. Se non sabes que facer nesta ponte, vai co teu pai. Mellor regalo seguro que non lle podes dar.
Esto escribía Lech Kowalski:
Este é un momento importante na Historia. O fracaso do capitalismo occidental (estadounidense), como puxo de manifesto a caída virtual de Wall Street o outono pasado, ofrece unha oportunidade sen precedentes de dirixilo «TODO» nunha nova dirección. O cine independente, así como as webs independentes e os medios de comunicación independentes son poderosas armas para poder levalo a cabo. Os grandes medios están á defensiva, pero non por iso perderon o seu poder e, cada vez máis, os festivais independentes, pequenos e locais, son o único medio de dar a coñecer aos cineastas independentes, espallados polo mundo enteiro. O público comeza a espertar e a darse conta de que o que viron nos multicines, as televisións e as webs dos grandes grupos mediáticos é un produto máis, que en nada se diferenza de calquera outro produto comercial, xa sexa un coche último modelo, unha hamburguesa ou un novo refresco de cola artificialmente edulcorado. Todos estes produtos comerciais son dalgún xeito un veleno, contaminan as nosas vidas coma contaminan o mundo. O público debe controlar o que ve e non deixar que as grandes empresas impoñan o seu sistema feudal nas nosas vidas.
Máis ca nunca Play-Doc é precisamente o que necesitamos para reunirnos. É pequeno e local. As películas están seleccionadas coidadosamente e non son demasiadas. A xente que vai a Play-Doc ten a oportunidade de ver todos e cada un dos documentais que se presentan durante os cinco días que dura o evento. Tralas proxeccións todo o mundo ten a ocasión de conversar cos demais. Todo no festival está feito a escala persoal, cun ambiente informal.
Encantoume saborear a cultura local: a comida, os restaurantes, o viño, a xente de Tui e a música. A música é esencial no festival e os concertos logo das proxeccións son tan importantes como as películas. Play-Doc está na vanguarda da guerra cultural contra o dominio das grandes empresas. Nestes tempos en que nos sentamos ante o ordenador, na busca de algo que nunca parece suficiente, é importante ser quen de apagalo e mirar á xente cara a cara para falar de cine e de música e da vida nesta pequena cidade do norte de España, (e fuxir) o máis lonxe posible, aínda que só sexa durante uns días esperanzadores, de todo o «ruído» e o pesimismo que hai nas nosas vidas.
Lech Kowalski
Video dun festival anterior, pero que deixa clara a esnecia deste festival, que sempre seguirá sendo a mesma.
Trackbacks