Play-Doc
Este ano celébrase a quinta edición do festival que tan só nun lustro conseguiu erixirse como o festival de cinema independente máis importante de Galicia, e dos mellores de España.
Dende o mércores 18 ata o Domingo 22 todos aqueles apaixonados do cinema documental teñen unha cita ineludible na cidade tudense. O Play Doc comeza un ano máis cargado de sorpresas. Os dous grandes protagonistas convidados ao festival serán o aclamado director lituano Audrius Stonys e Bogdan Dziworski, un dos representantes máis destacados do cine experimental polaco. Durante os cinco días que dura o festival poderanse ver 31 películas procedentes de Xapón, Reino Unido, Eslovaquia, Irán, México, EE.UU, Lituania, Israel, China e Polonia. Nesta edición ademais botarase unha ampla ollada o cinema galego máis independente e experimental. As seis metraxes elexidas supoñen unha variada e nutrida selección que ven chamar a atención sobre o documental galego, que non soamente existe senón que ademais sobresae. A mistura do internacional e nacional danse a man neste festival, que supón unha oportunidade única para entrar en contacto cun mundo moitas veces descoñecido. Dende a cadeira do Teatro Municipal poderemos coñecer máis de trinta historias de dez países distintos. Unha oportunidade única para viaxar por medio mundo por menos de 20 euros.
Un Festival independente
Lech Kowalski, estrela convidada á edición 2008, escribía estas liñas sobre o festival:”Este é un momento importante na Historia. O fracaso do capitalismo occidental (estadounidense), como puxo de manifesto a caída virtual de Wall Street o outono pasado, ofrece unha oportunidade sen precedentes de dirixilo «TODO» nunha nova dirección. O cine independente, así como as webs independentes e os medios de comunicación independentes son poderosas armas para poder levalo a cabo.(…)máis ca nunca Play-Doc é precisamente o que necesitamos para reunirnos. É pequeno e local (…) Todo no festival está feito a escala persoal, cun ambiente informal (…) Play-Doc está na vangarda da guerra cultural contra o dominio das grandes empresas”.
Non lle falta razón a Kowalski, xa que neste festival os intereses comerciais non teñen cabida. E levan xa cinco anos demostrándoo. E aínda que a crise tamén afecta ó festival, xa que este ano conta cun 30% menos de orzamento con respecto ao de 2008, non afectará a calidade dos contidos. E o que ten o cine independente, menos diñeiro non é menos calidade. Ángel Sánchez, director do festival, respecto desta cuestión manifestaba o seguinte “o Festival non pode dar marcha atrás, a nosa idea é seguir a liña iniciada, crecer en calidade cunha selección pequena pero intensa, combinando o cine con outras actividades”. Por iso dicía “Play-doc converteuse nun Festival con criterio e a baixada de presuposto non vai supor un problema neste senso”.
Maís info:
Play-doc (calendario, horarios, información necesaria)