Saltar al contenido

Películas

Optimismo en momentos difíciles

Sara García , codirectora do festival xunto a Ángel Garcia, salientou da elección de filmes feitas por un xurado internacional “a diversidade de países, con distintos puntos de vista e de variada temática. Todos os filmes terán un marcado carácter optimista e as relación persoais serán as protagonistas”.

Segundo nos conta un dos membros do equipo de producción A.Dorado, “este ano apostouse por unha programación máis arriscada, menos convencional, poucas películas e de calidade pero que non deixarán indiferente a ninguén. O obxectivo é superarse ano tras ano sen nunca caer no comercial”.

Alba Pinto, asistenta á IV edición do Play-Doc, recorda que lle sorprendeu que “en un pobo tan pequeno como Tui, fágase algo tan grande como este festival. Ademais non é so cine. Senón tamén musica. E moi boa. O concerto do venres fora toda unha sorpresa”.

Por se non tes tempo:

Recomendamos un documental galego, unha longametraxe e una curtametraxe, por se non tes tempo para ver todos:

Documental Galego.Manuel e Elisa.Manuel Fernández-Valdés

Documental Galego.Manuel e Elisa.Manuel Fernández-Valdés

Venres 20.16:30

Sinopse: Despois de 53 anos casados, Manuel Rodríguez e Elisa Flores seguen vivindo no lugar onde naceron, no Rosal, unha pequena poboación rural de Galicia, na fronteira norte entre España e Portugal. ‘Manuel e Elisa’ é un documental sobre as súas fazañas cotiás; unha historia de amor sen aloumiños e de convivencia sen palabras.

Amores Cegos

Longametraxe:Amores Cegos. Juraj Lehotský

Mércores 18. 22:30

Sinopse: ‘Amores Cegos’ é unha película sobre amor entre persoas invidentes. O amor pode ser doce, pode ser parvo, e ás veces cego…Atopar un lugar no mundo non é tarefa doada para ninguén, pero canto máis difícil pode chegar a ser para un cego? A ‘visión’ dos que non ven é a miúdo pura e esencial, e case sempre enxeñosa, descubrindo novas dimensións do significado da felicidade.

Curtametraxe.Cianose.Rokhsareh Ghaemmagham

Curtametraxe.Cianose.Rokhsareh Ghaemmagham

Mércores 18. 21:00

Sinopse:Jamshid Aminfar é un artista obrigado a pintar nas rúas de Teherán. A pesar dos constantes acosos e interrupcións por parte de autoridades e curiosos, Jamshid está determinado a seguir coa súa vocación. Co apoio dos seus amigos prepárase para a súa primeira exposición. Mentres e sen ningunha axuda, Jamshid namórase.

Un Comentario dejar un →

Trackbacks

  1. Play-Doc « Donabulia’s Blog

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.