“Os transxénicos son un atentado contra a soberanía alimentaria dos pobos”

Charo Sánchez, voceira do Sindicato Galego de Labregos
Charo Sánchez é responsable da Secretaría de Medioambiente do Sindicato Labrego Galego (SLG) e unha das figuras que encabeza a loita contra os productos transxénicos no panorama sindical galego. Para Charo os productos modificados xeneticamente non posúen ningunha cara positiva, máis alá do lucro que supoñen para uns poucos no contexto do neoliberalismo. Empresas productoras, políticos, farmacéuticas; Charo afirma que todos se atopan no allo, querendo ignorar en nome do benefiico económico os efectos nocivos para a saúde das persoas e para o traballador labrego.
¿Qué consecuencias poden acarrear os transxénicos tanto para o sector agrario coma para o agricultor galego?
Básicamente a súa desaparición. En primeiro lugar, cremos que é un atentado directo contra a soberanía alimentaria dos pobos. Detás dos transxénicos, sempre se atopan grandes multinacionais contra as que o pequeno agricultor nada pode facer para competir. En segundo lugar, entendemos que as sementes son un patrimonio da humanidade con moito peso no sector agrario. Dende o mometo en que apareceron os transxénicos, os agricultores atopáronse co problema das patentes. Por outra banda, ademais de vérense obrigados a compra-las sementes, tamén se viron forzados a vende-las colleitas a esas mesmas multinacionais, xa que os alimentos transxénicos non se comercializan tan doadamente.
¿Qúe cambios poden introducir nas explotacións agrarias galegas?
O tipo de agricultura propia dos transxénica vémola no modelo yanqui. Moi poucas explotacións, moi grandes, moi contaminantes e moi intensivas. Ademais, produce o control total das multinacionais dos transxénicos sobre toda a actividade labrega.
Un informe elaborado por Greenpeace España en maio de 2008, aseguraba que é imposible a coexistencia entre cultivos transxénicos e non transxénicos. ¿Qué efectos pode acarrear esta convivencia para os alimentos non transxénicos?
O problema fundamental reside no feito de que as variedades transxénicas contaminan xeneticamente a outras variedades da mesma especie e a especies silvestres emparentadas. Por outra banda, os transxénicos, fronte as especies tradicionais desenvolven unha gran tolerancia aos pesticidas o que conleva a un aumento do seu uso, que as especies non transxénicas non poden soportar. En América do Sur están morrendo milleiros de persoas debido ao abuso destes productos químicos, cuxo uso está vinculado directamente con empresas multinacionais coma Mosanto.
A Lei de Coexistencia da Unión Europea impón ás empresas que traballan con transxénicos deixar un perímetro de 200 metros arredor para impedir a contaminación doutros cultivos. ¿É unha solución de cara a coexistencia?
Esa lei de coexistencia non se está aplicando xa que quedou parada no ano 2005. Ademais, non é unha solución real xa que existen datos que demostran que se pode produci-la contaminación doutros cultivos por polinización. É unha mentira a gritos.
¿Cómo se pode ver afectado o consumidor de productos transxénicos?
Estamos sendo as coballas das grandes multinacionais, abaladas polos gobernos xa que aínda se descoñecen cales poden ser as consecuencias a longo prazo. Por outra banda, a lei de etiquetados dos transxénicos é unha trampa. Dende o ano 2004, só hai obriga de identificar os alimentos que levan máis dun 0,9% de organismos transxénicos. As empresas xogan con este límite legal e a maioría de produtos que sacan ao mercado conteñen dun 0,8 a un 0,89% de compoñentes transxénicos que non teñen obriga de identificar.
Gran parte dos defensores dos transxénicos xustifican que o rexeitamento a estes produtos se debe a unha falta de información, xa que aínda non se coñecen cales poden ser os seus efectos nocivos a longo prazo. Para cando estes se saiban, ¿será demasiado tarde?
Os efectos nocivos están demostrados. De feito, se non fose así non habería estados na Unión Europea, coma Francia e Austria, que teñan prohibido o seu consmo e plantación. O problema é que gran parte dos estudos destinados á investigación sobre transxénicos son elaborados polas mesmas multinacionais que comercializan con eles.
¿Existe algunha parte positiva no asunto dos transxénicos?
Os transxénicos non teñen cara positiva. Non son máis que unha volta de torca da famosa revolución verde. Primeiro vendérona nos anos sesenta como a solución para acabar coa fame no mundo, pero pronto se viu que, igual que os transxénicos, só era outra estratexia para que se seguisen enriquecendo os mesmos a costa de todo o planeta. Os transxénicos non responden a outra fundamento que ao beneficio económico.
¿Cómo se establecen as relacións de poder no negocio dos transxénicos?
A comercialización é controlada totalmente polas grandes multinacionais. Elas impoñen as patentes e non só venden a semente, senón todos os produtos relacionados. Estas multinacionais manteñen a súa vez gran relación coa industrias dos pesticidas, xa que como explicamos antes, os transxénicos desenvolven gran resistencia cara estos produtos. Os gobernos son os que autorizan os experimentos ás multinacionais. O último eslabón da cadea o forman as farmacéuticas que son as que se enriquecerán vendendo as solucións aos efectos devastadores que, para a saúde, conlevará o uso de produtos modificados xeneticamente.
Seguindo a traxectoria do negocio dos transxénicos, observamos que a súa producción no noso país tende ao incremento. ¿Existe algunha forma de frear este proceso?
A única forma de parar isto é a través dunha loita activa da cidadanía. Temos expectativas xa que cada vez o consumidor ten máis dúbidas sobre os supostos beneficios dos transxénicos e demandam máis información. Ademais, unha vez que se ten a informacón é moi raro que alguén poda defender que os transxénicos son bos para a saúde, para a agricultura ou para medio ambiente.