“O problema de rexeitamento dos transxénicos é unha cuestión mediática”
Fragmentos da entrevista a Antonio Segura.
Antonio Segura Iglesias é profesor titular do Departamento de Fisioloxía Vexetal da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, forma parte dun grupo de expertos da USC que están a tratar a transformación xenética da vide. Salgado teno claro, a bioloxía xenética protagonizará toda unha revolución no século XXI. Ademais, afirma que os transxénicos non conlevan problemas para a saúde, nen para o sector agrario galego, nen para o medioambiente. A causa do rexeitamento dos transxénicos é a desinformación promovida dende os medios de comunicación.
¿Un producto transxénico perde calidade en relación co producto orixinario natural?
Eu supoño que non, pero non o podo constatar. Non teño as ferramentas para demostrar se perden ou non perden calidade, pero non deberían de perdela porque a transxenia o único que fai é incluir un xen nun novo organismo. Ademais, as plantas modificadas xeneticamente pasan controles de sanidade moi estrictos.
¿Qué pode supoñer o uso de transxénicos para o sector agrario galego?
Tódalas consecuencias serían positivas. Pode contribuir ao aforro nos gastos do agricultor, en man de obra e en horas de traballo, en maquinaria e gastos de combustible.
¿E para o medioambiente?
Cos productos transxéncios, libres de certas enfermedades, se prescindiría do uso de productos perxudiciais para o medioambiente, tipo pesticidas ou sufaltos. Polo tanto, toda consecuencia sería positiva.
¿O consumo de transxénicos pode conlevar efectos nocivos para a saúde?
Non. Polo menos os estudos científicos aos que eu teño acceso demostran que os transxénicos nunca reportaron ningún problema para a saúde, que eu sepa.
¿É axeitado indicar mediante etiquetas que tipos de productos son transxénicos e cales non para que o consumidor poida elixir?
Por suposto. Cada quen debe comer o que lle apeteza e se laguen non quere consumir productos transxénicos está no seu dereito. O etiquetado xa está regulado por normativa comunitaria e tamén estatal, polo que debería de respetarse a dita normativa.
Un estudio realizado en Austria con ratóns alimentados a base de millo transxénico demostrou que a terceira xeración de ratóns eran infértiles. Se observamos estas consecuencias en animais, ¿qué secuelas pode deixar de persoas?
Descoñezo ese estudio polo que non podo opinar sobre iso. Non teño noticias de que exista ese traballo, nen se as súas conclusión se basan en fundamentos científicos. Tamén o problema do rexeitamento dos transxénicos é quizáis unha cuestión mediática. Os medios de comunicación fan afirmacións con pouco fundamento científico.
Vostede forma parte do Grupo de Transformación Xenética da Vide da Universidade de Santiago de Compostela. ¿En qué consiste o voso traballo?
A nosa labor ten básicamente dúas finalidades: Unha é conocer como funcionan os xenes, fundamentalmente no proceso de floración. A segunda é máis a longo prazo, en colaboración con outros grupos de investigación do mundo, a transxenia in vitro co obxecto de inducir resistencia a enfermidades, básicamente de tipoloxía fúngica. En este momento estamos iniciando a liña de investigación, polo tanto, pouca experiencia.
¿Realizaron experimentos coa vide nalgunha zona de Galicia?
Non, en principio non temos autorización para liberar plantas transxénicas no medio ambiente. Polo tanto, neste momento o noso traballo se limita ao laboratorio.
¿Aumentará nun futuro o consumo de plantas transxénicas?
Con toda seguridade. Nos anos sesenta do século pasado foi a revolución verde. Recientemente, nas últimas décadas aflorou a revolución tecnolóxica. Eu teño a seguridade de que este século, o século XXI, vai ser o século da biotecnoloxía. Xa se está demostrando que as plantas transxénicas producen máis e favorecen á economía, xa que conlevan menos problemas e menos gastos para o cultivo. Eu penso que as plantas transxénicas se van a implantar cada vez máis, quizáis en Europa non, precisamente polo efecto dos medios de comunicación e do rechazo que existe nas asociacións ecoloxistas, pero xa é unha realidade noutras partes do mundo.
Moitos colectivos ecoloxistas en Galicia están inmersos na denuncia dos efectos nocivos dos productos transxéncos. De feito en febreiro de 2008 creouse a Plataforma Galega Antitransxéncos. ¿A que se debe este rechazo?
Fundamentalmente se debe á falta de información, a unha falta absoluta de información científica. Existe un enorme rechazo non infundado apoiado, ademais, polos medios de comunicación. Existen feitos científicos que demostran todo o contrario, que as plantas transxénicas non son malas e que poden ser, incluso, beneficiosas para a economía, para a saúde, para o medioambiente e para paliar, ademais, varias enfermidades. De feito todos tomamos antibióticos, o diabéticos toman insulina, que están baseados en organismos transxénicos, neste caso bacterias. O 20 ou 30% dos productos que se venden nas farmacias están feitos con productos transxénicos.