Saltar al contenido

“Non existe unha alternativa, existen moitísmas”. Toni Lodeiro

Transxénico.¿Qué é?

A RAE define a palabra tranxénico coma uun “organismo vivo que foi modificado mediante a adición de xenes esóxenos para lograr novas propiedades”

Para iso empréganse técnicas de enxeñería xenética que consisten en illar segmentos do ADN dun ser vivo (virus, bacteria, vexetal, animal e incluso humano) para introducilos no material hereditario de outro.

A principal diferencia coas tradicionais técnicas de mellora xenética é que permiten franquear as barreiras naturais entre especies, alterar a natureza, e crear novos seres que nunca existiran.

Motivos para dicirlle NON aos transxénicos:

  • Contribúen ao reparto desigual da riqueza no mundo. As patentes das sementes dos OMGs as posúen moi poucas multinacionais que posúen o control da agricultura transxénica no mundo, e comezan a controlar boa parte da agricultura mundial.
  • É agricultura non sostible. Destrúe os bosques primarios, incrementa o uso de herbicidas e tamén a desertización.
  • Dinnos que estes cultivos porán fin á fame. Pero os cultivos transxénicos actualmente comercializados non foron alterados xenéticamente para mellorar o seu contido nutricional ou o seu sabor. 75% deles (soia) foi alterado para ser resistente a herbicidas, 17% (millo e algodón) para producir un veleno insecticida e o restante 8% para facer ambas cousas.
  • Non se amosou que os transxénicos sexan seguros. Animais de laboratorio alimentados con estes alimentos desenvolveron deformidades severas.

Etiquetado:

O millo, a soia ou os seus derivados industriais están presentes en máis do 60 por cento dos alimentos transformados, desde o chocolate até as patacas fritas, pasando pola margarina e os pratos preparados.

Os únicos transxénicos que están permitidos na Unión Europea para consumo humano son, precisamente, a soia e o millo.

O 18 de abril de 2004 entraron en vigor os novos regulamentos de etiquetaxe e trazabilidade de alimentos e pensos modificados xeneticamente; en virtude destas normas, deben ser etiquetaxes os produtos que deriven de colleitas transxénicas, independentemente da presenza de ADN ou de proteína “transxénica” no produto final.

Devolver os produtos transxénicos ou denunciar o mal etiquetado deben ser hábitos que vaiamos adoptando pouco a pouco. Comprar produtos de tempada ou evitar alimentos precociñados son tamén boas ideas para evitar o consumo de transxénicos.

Greenpeace publica unha guía cada ano moi útil onde incluén moitos alimentos libres de transxénicos e aqueles elaborados a partires deles.

Mais ideas para unha vida máis sostible:

Consumir transxénicos non é a único que podemos facer para levar unha vida máis sostible. Reciclar é unha boa idea, e a máis estendida entre a poboación. Pero son moitas máis as cousas que podemos facer:

  • Empregar enerxías renovables
  • Asistir a mercados de troco
  • Usar máis o transporte público
  • Apagar os electrodomésticos(rexeitar o modo standby, que tanta enerxía consume)
  • Replantexarnos as nosas necesidades para levar unha vida máis sinxela
  • Facer exercicio como forma de ocio
  • Evitar gastos innecesarios
  • Consumir alimentos da agricultura ecolóxica…

En definitiva,cambiar pequenos hábitos diarios nocivos para o noso entorno de maneira que non supoña para nos unha renuncia incómoda senón unha escolla de vida máis confortable e beneficiosa. Porque “ter consciencia é sobre todo liberador”, roubándolle as palabras a Toni Lodeiro.

Sin comentarios aún

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.